Thursday 09 de May de 2024

O Concello de Lousame recupera este venres o programa “Noites de Cine” coa proxección de “O que arde”


A casa da cultura de Lousame acollerá este venres 11 de decembro ás 20:30 horas, a proxección da película “O que arde”, dirixida por Óliver Laxe e que aborda unha problemática ben coñecida no municipio: a desaparición do medio rural a causa dos lumes forestais. Trátase do filme máis taquilleiro e máis visto en galego, cun reparto formado por actores non profesionais e protagonizado por Amador Arias e Benedicta Sánchez, premio Goya á mellor actriz revelación.
Esta actuación estaba inicialmente programada nas “Noites de cine” do pasado mes de agosto pero non puido celebrarse por mor das inclemencias climatolóxicas. Agora, a actuación será a cuberto e previa inscrición no 981 825 780. A actuacións está organizada polo Concello de Lousame, en colaboración coa Deputación da Coruña.